O PPdeG reitera que o proxecto da mina de Touro “só será viable se salvagarda o respecto ao contorno e o estrito cumprimento da legalidade vixente”

O deputado do Grupo Popular, Moisés Blanco, reiterou hoxe no Parlamento que “tanto desde a Xunta como o PPdeG estamos a favor dunha minaría sustentable, moderna e respectuosa co medio ambiente”, polo que incidiu que o proxecto da mina de Touro “só será viable se salvagarda o total respecto ao contorno, o estrito cumprimento da legalidade vixente e dota de todas as garantías urbanísticas, medioambientais e técnicas”

Moisés Blanco criticou que aos grupos da oposición “dálles igual as respostas que se dan desde a Xunta”. “Iso paréceme moi grave porque vostedes dan por boas publicacións que lles interesan, desprezando o traballo e a capacidade dos técnicos públicos que emiten os informes desde diferentes departamentos do Goberno galego”, apuntou.

O PROXECTO, COMO FOI PRESENTADO, NON É VIABLE

Neste sentido, reiterou que o proxecto da mina de Touro “deberá cumprir estritamente a lexislación”, polo que demandou á oposición que “respecten os procedementos administrativos, confíen na profesionalidade e imparcialidade dos traballadores públicos da Xunta para emitir os preceptivos informes, con total vixilancia e control medioambiental e imposición de sancións”.

Na súa intervención, o deputado popular lembrou que “o propio conselleiro de Industria dixo neste Parlamento que o proxecto, tal e como foi presentado, non é viable”, ao que se sumou a proposición non de lei do Grupo Popular, aprobada o pasado 28 de marzo de 2018 co voto en contra de En Marea e BNG, na que se demandaba que a Xunta avaliara o proxecto da mina de Touro con total garantismo legal e rigor na execución do procedemento, vixiando calquera impacto medioambiental que se puidese producir como consecuencia do resultado da explotación da mina.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

tres × 1 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.