PP Lugo: “O PSOE “financia” as obras dos dous campos de fútbol de Taboada con diñeiro da Deputación”

O Grupo Municipal Popular denuncia ao PSOE por estar facendo unha campaña electoralista á conta da Deputación de Lugo. Así, ante as informacións publicadas nos medios de comunicación e, concretamente, en dúas notas de prensa enviadas polo PSOE onte e hoxe, unha delas onde din que melloran os accesos de cinco parroquias en Ribadeo beneficiando a 1.000 veciños, desde o PP “facemos un chamamento para esixir que sexa entón o PSOE o que aboe o importe desas obras”. Leer más

Alternativa dos Veciños impulsará o Plan Lubre

Dentro das propostas de Alternativa dos Veciños para desenvolver no municipio de Bergondo durante a vindeira lexislatura destaca o denominado como Plan Lubre. Trátase dun conxunto de medidas dirixidas a corrixir o déficit de investimento público que arrastra esta parroquia desde hai moitos anos, por iso Alternativa pretende que o Concello realice unha certa discriminación positiva en Lubre. Leer más

Ourense situarase á cabeza da innovación en “turismo intelixente” con servizos personalizados e experiencias inmersivas para o visitante

 “A provincia de Ourense situarase á cabeza da innovación en “turismo intelixente” con servizos personalizados e experiencias inmersivas para o visitante que ofrecerán unha nova forma de facer e sentir o turismo”. Así o definiu hoxe o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, quen presidiu a primeira reunión da comisión de seguimento do convenio de “Territorios intelixentes”, celebrada no Pazo Provincial entre representantes da Deputación e da entidade Red.es. Leer más

Xuntos x Galicia apoia nas próximas xerais (28A) o BNG. “O único voto posible para a defensa dos galegos e as galegas”

Xuntos x Galicia (plataforma cidadá), hoxe en dìa corrente interna de opinión do partido politico Xuntos Actúa, (antes o fomos en Podemos Galicia como Xuntos Podemos), observa con preocupación o rexurdimento do fascismo, así como a falta de representatividade de Galicia no estado español, e por iso consideramos necesario realizar actuacións políticas encamiñadas a loitar contra ese fascismo e contra a precariedade de decisión da nación galega dentro do estado español.

Leer más

1 75 76 77 78 79 120