Resumo Balonmán Ribadosar. Campión de Copa Federación Zona Norte o Ribadosar Táboa Asesores

O equipo Santiagués  de balonmán  “Ribadosar Táboa Asesores”, cadete masculino de 2ª división galega, proclamouse campión de Copa Federación a pasada semana.

O Equipo tivo unha evolución moi boa, tanto a nivel de xogo coma de resultados. Empezamos a liga de menos a mais, con moito compromiso por parte de todos os membros do equipo.

Os rapaces do Ribadosar  nesta Copa Federación deron  un espectáculo de xogo gañando 9 partidos de 10 todos eles con un resultado moi folgado.

Cadete Masculino Ribadosar Táboa Asesores

O equipo “Ribadosar Amancio Deportes” categoría xuvenil masculino 2ª división galega,  tamén tivo unha boa tempada a pesar das baixas durante toda a tempada. Os resultados  non acompañaron, perdendo moitos partidos pola mínima. Na primeira fase de liga quedaron de terceiros clasificados e na copa de cuartos.

Xuvenil Masculino Ribadosar Amancio Deportes

En Infantil o equipo “Ribadosar Level Fabrics” xogou moi duro dende o principio de tempada acadando o segundo posto da liga, clasificándose así para xogar o campionato Norte postos de 1 a 8. En dito campionato acadaron o sexto posto.

Infantil Masculino Ribadosar Level Fabrics

O infantil masculino “Ribadosar.es”  e o infantil  feminino “Ribadosar IF” están xogando a Copa Delegación, os dous equipos están tendo unha evolución boísima. A dia de hoxe están na táboa clasificatoria de segundos.

2Infantil Masculino Ribadosar.es

Infantil Feminino Ribadosar IF

Por outra banda os equipos benxamíns  “Ribadosar Alca Omega”,  “Ribadosar Alca Épsilon” e os alevíns “Ribadosar.es” e “Ribadosar Alca” están a divertirse moito e mellorando día a día, medíndose cos distintos equipos da provincia cada quince días.

O 27 de abril facemos en Santiago a derradeira concentración de mini Balonmán desta tempada no pavillón Cardeal Quiroga Palacios.



Alevín Ribadosar.es

Alevín Ribadosar Alca

Benxamín Ribadosar Alca Épsilon, Ribadosar Alca Omega

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco × cinco =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.