Rianxo en Común impulsará a creación dun espazo de Coworking e unha liña de crédito para emprendedores

En Rianxo, a diferencia entre as empresas destruídas e creadas é cada ano maior, e a taxa de crecemento empresarial ronda o -4%. Ademais, está á cabeza dos municipios da comarca en canto á taxa de envellecemento da poboación.

Neste contexto, Rianxo en Común aposta por impulsar medidas que revitalicen o tecido empresarial e comercial do concello, e por facer os investimentos e inversión necesarias para apoiar a quen desexa emprender unha actividade profesional, coa incertidume e os custos que iso supón para calquera persoa, para facer de Rianxo un concello de oportunidades no que os seus veciños e veciñas poidan artellar un proxecto de vida.
Rianxo en Común impulsará a construción dun Espazo de Coworking, isto é: un espazo físico de titularidade municipal dirixido á promoción das iniciativas emprendedoras que combine a utilización de despachos co asesoramento na xestión empresarial e a prestación duns servizos comúns para cubrir as necesidades básicas de novas empresas durante os primeiros anos da súa vida, mediante o pago dun prezo público.
Porque ter unha oficina propia, cunha boa conexión a Internet, e con todas as comodidades que se necesitan para traballar cada día, é algo inasumible para moitos veciños de Rianxo, que se ven na obriga de montar unha oficina nas súas propias casas, ou ter que renunciar ao seu proxecto profesional. Diante desta demanda de sitios nos que fundar unha empresa propia, xorden os espazos Coworking, ou o que é o mesmo, unha alternativa económica ao aluguer dun local individual que se implantou en numerosas vilas e cidades galegas, e que Rianxo en Común importará ao concello, se gobernan, a partir do vindeiro 26 de maio.
Esta medida irá acompañada dunha liña de micro-créditos para apoiar proxectos profesionais cuxa viabilidade deberá ser previamente avaliada. Trataríase dunha liña de prestamos a xuro 0, para que aquelas persoas que teñan unha idea de carácter laboral, e que non poidan recorrer a préstamos da banca privada, conten co apoio do concello para poder facela realidade.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

tres × 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.