A Deputación de Ourense celebra o Día das Letras Galegas coa música de María do Ceo

 A Deputación de Ourense celebra o Día das Letras Galegas ao ritmo da música de María do Ceo, cunha iniciativa que naceu este ano “co obxectivo de achegar aos ourensáns do futuro, o amor pola terra e a nosa cultura”, explicou o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar.

A fadista María do Ceo está a facer un percorrido musical pola nosa provincia con concertos didácticos que pretenden achegar aos cativos ourensáns “un maior coñecemento da cultura de Galicia, durante esta semana na que se conmemora a un dos grandes das nosas letras, Antonio Fraguas, protagonista tamén do nº 43 da Revista Raigame, editada pola Deputación de Ourense”, explicou Baltar.

A revista de arte, cultura e tradicións populares céntrase este ano nun “dos bos e xenerosos da nosa cultura, Antonio Fraguas, facendo unha revisión xeral da súa obra e abordando con especial fincapé no aspecto da súa relación coa provincia de Ourense coa que sempre tivo unha especial vinculación porque aínda que el naceu en Pontevedra, a súa nai era ourensá”, salientou o presidente da Deputación de Ourense.

Concertos didácticos

Os concertos didácticos a cargo de María do Ceo comezaron o 14 de maio en Verín e tras estar o día 15 de maio no Barco, chega hoxe, 16 de maio, ao municipio de Barbadás. Posteriormente, o día 20 de maio, chegará a súa música ao municipio de Celanova, e continuará ao día seguinte en Allariz, para poñer o broche final a esta proposta cultural o día 22 de maio no Carballiño. Os concertos celébranse nos Auditorios destes municipios, ás 11.00 horas, en colaboración cos colexios da zona.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

15 + 5 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.