A manipulación da Socioloxía (Enquisas teledirixidas) Por @Armada_CarlosG

Este luns na Voz de Galicia aparece unha enquisa moi chamativa das sete grandes cidades de Galicia, na que o meu entender sò e acertada na cidade de Vigo, ainda que en dita cidade cualquer cidadan podese aproximar bastante o resultado final…apabullante e aplastante victoria de Abel Caballero, no resto, os datos teñen pinta de fallar máis que unha escopeta de feria. 

Os resultados das xerais nunca son extrapolables a unhas municipais, pero estando tan perto, (un mes), e indiscutible que marcan unha tendencia, por iso non è nada creible, è en absoluto entendibles certos datos “cociñados” da enquisa de SONDAXE para a Voz
Voume centrar nos datos de Ferrol porque me parecen os máis chamativos, e tamén por ter un evidente interese en analizar os datos de está cidade, xa que alí è donde se presenta Xuntos Actùa en solitario, e vou intentar facelo sen ter en conta dúas enquisas internas que nos outorgaban entre 1 e 3 concelleiros, unha do PP, (da que temos constancia), que nos outorga representación, (sin saber exactamente cuanto), ou a do IDES cunha mostra de campo de máis do dobre que a de SONDAXE e que nos da un concelleiro
Esquecendo o anterior, según Sondaxe o que se produce en Ferrol è o “milagro da multiplicación dos pans e dos peixes “, porque as dias forzas que obtiveron o peor resultado posible nas eleccións de fai 15 días, o PP è Marea, repentinamente rebotan de forma esaxerada obtendo uns resultados excepcionais, cuando nin ai tendencia positiva pra iso, nin personalidade de arrastre diferenciadora, (como si tería o PSOE en Vigo con Abel Caballero, ou o BNG en Pontevedra con Lores)
O caso máis chamativos para meu entender è o da Marea, de quen lembro foi a octava forza política por debaixo de PACMA nas Xerais con un 0,77% dos votos nun descalabro sen precedentes en toda Galiza….en 15 días pasa de un 0,77 a un 10%….impresionante!!!…..as liñas de intención de voto na enquisa de Sondaxe non son máis que un insulto á intelixencia porque en política os milagros non existen
Quero lembrar que no caso de Ferrol, no 2015, SONDAXE outorgaba a maioria absoluta ó PP o último día da publicación da súa enquisa, a Marea Artabra 2 concelleiros, e a FeC 3, o domingo electoral tiveron que comerse a súa enquisa precociñada, porque todo o mundo lembra o que pasou, o PP caiu, Marea Artabra quedouse fóra, e Ferrol en Común obtivo 6 concelleiros
Quero lembrar que SONDAXE outorgou 4 concelleiros en Ourense a Democracia Ourensana e obtiveron 8, que nas autonómicas daban 1 o BNG e obtivo 6, e que anunciaron a bombo e platillo que a súa enquisa nas últimas xerais que daban 50 a VOX había roto as previsións no panorama político estatal, o final Vox sacou 24, a metade.
No presente caso Xuntos Actùa e un dano colateral, o interese de un medio por facer o maior dano a Ferrol en Común lévaos a resucitar o morto da Marea porque creen que a Marea e o que máis dano fai o Ferrol en Comun, e nos rouban o resultado, máis o problem a real e que os cidadáns de Ferrol non van poder escoitar o noso candidato no debate do martes 24 por causa de esa enquisa
Por último quero lembrar dos datos…o primeiro que Marea de Ferrol è Marea Artabra, e que está, no seu mellor momento, quedou fóra do concello nas pasadas eleccións, e que hoxe, ademais, está unida a unha marca en crise como En Marea que obtivo o 0,77% dos votos na cidade nas recentes eleccións, e segundo, outras enquisas xa otorgan outros resultados e ese voto invisible vai pasar factura, unha vez máis, a estas enquisas precociñadas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dos × tres =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.