A tradicional Feira do Gando de Cervantes contribúe a apoiar ao sector gandeiro dos Ancares

A I Feira en Defensa do Gandeiro de Montaña  celebrouse este sábado en San Román de Cervantes cun concurso de gando vacún no que se inscribiron máis de 100 animais

O Deputado de Medio Rural e do Mar, Lino Rodríguez Ónega, xunto ao Alcalde do Concello de Cervantes, Benigno Gómez Tadín, e o Presidente de ACRUGA, César Dorado, entregaron os premios do concurso de gando de raza rubia galega de ACRUGA na I Feira en Defensa do Gandeiro de Montaña coa que colabora o Goberno Provincial e que se celebrou este sábado, na localidade de San Román de Cervantes.

Nesta Feira de gando vacún, que se desenvolveu nunha pradería, celebrouse unha poxa de xatas da Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega, ACRUGA. Ademais, entregáronse os premios do concurso de gando no cal inscribíronse ao redor de 100 animais. Recibiron os galardóns os gandeiros que presentaron as mellores vacas, toros e xatas de raza rubia galega e de raza asturiana. O encontro gandeiro estivo amenizada con pulpeiros, comerciantes e música tradicional.

Rodríguez Ónega subliñou que “recuperando esta feira tradicional de gando vacún,  apoiamos aos gandeiros e a produción, na provincia, dunha carne de tenreira da mellor calidade. Así conxuntamente, impulsamos o potencial económico da Montaña lucense para que os habitantes dos Ancares poidan vivir no rural do rural.”

Con esta iniciativa promovida pola Asociación Territorio Verde, recuperouse unha feira tradicional de cabezas de vacún que non se celebraba no Concello de Cervantes dende o ano 1985. Coa tenreira galega como protagonista, esta cita contribuíu a fomentar a unión e o traballo conxunto dos gandeiros para impulsar a produción de carne de tenreira da mellor calidade, un sector económico clave para o desenvolvemento do territorio dos Ancares e para fixar poboación.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

14 + 15 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.