A Xunta celebra no Museo do Castro de Viladonga o Día Internacional dos Museos cunha programación especial, o sábado 18

Haberá actividades durante toda a tarde e ata entrada a noite, como xogos tradicionais, música ou unha demostración do traballo do téxtil na antigüedade

A Consellería de Cultura e Turismo celebra o vindeiro sábado no Museo do Castro de Viladonga o Día Internacional dos Museos, sumándose, cunha programación especial, á efeméride que cada 18 de maio convoca o Consello Internacional dos Museos -organismo vinculado á Unesco-.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, subliñou o simbolismo desta data, que este ano coincide coa Noite dos Museos, unha convocatoria tamén de ámbito  internacional que se celebra tradicionalmente a noite do sábado máis próximo ao 18 de maio. Balseiro afirmou que ambas propostas pretenden “poñer de manifesto o importante papel que xogan os museos como custodios da cultura e a historia dun pobo”.

As actividades en Viladonga son totalmente gratuítas e comezarán ás 17.30 horas. A asociación Xotramu de Muimenta convidará aos máis pequenos a gozar cos xogos tradicionais; Clío Reconstrución Histórica realizará demostracións sobre o proceso de traballo que requirían o liño e a la na antigüidade, dende a confección do fío ata a elaboración das prendas no tear.

A música correrá a cargo da charanga Festicultores e, ás 19.30 horas, dará comezo o concerto da banda Por mi swing, especializada na música dos anos 30, 40 e 50. Xa pola noite, serviranse petiscos e queimada, grazas á colaboración da Asociación de Amigos do Museo de Viladonga e do concello de Castro de Rei.

O Día Internacional dos Museos celébrase dende 1977 cada ano cun lema distinto destinado a subliñar a súa función fundamental para a sociedade. Nesta ocasión, o lema é “Os museos como eixes culturais. O futuro da tradición”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

tres × cinco =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.