A XXI Feira Degustación da Tenreira Galega de Láncara achega máis de 1.000 quilos deste produto

Este mércores a Pobra de San Xiao celebrou a XXI Feira Degustación da Tenreira de Láncara unha cita a que acudiron centos de persoas e na que se desgustaron máis de 1.000 quilos de tenreira galega

O Deputado pola Comarca de Sarria, Pablo Rivera Capón, acudiu, este mércores, a XXI Feira Degustación da Tenreira Galega de Láncara, unha cita xa asentada na comarca a que ano tras ano acoden centos de persoas. Estivo acompañado polo Deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez Ónega, polo Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro López e por outros membros da corporación municipal.

Rivera Capón explicou: “dende o Goberno da Deputación colaboramos con esta Feira Degustación da Tenreira Galega co obxectivo  de fomentar o consumo dos produtos autóctonos da Comarca de Sarria, unha das máis importantes na produción de Rubia Galega só neste concello contamos con máis de 2.400 cabezas de rubia galega. Ademais de potenciar a actividade agrogandeira e dinamizar a economía do rural”.

Como cada ano a Pobra de San Xiao acolleu unha zona de exposición de gando, onde se amosaron diferentes animais e razas de vacún. Durante a celebración desta edición degustáronse máis de 1.000 quilos de tenreira galega. Esta xornada estivo ambientada con actuacións musicais, como a cantante Lucía Pérez, e contou exhibicións das escolas deportivas.

A programación da cita incluíu stands de produtos autóctonos, sorteo de varias tenreiras, un concurso de cabalos, un concurso de gando vacún e unha degustación gratuíta de queixos, produtos de galiña Mos, sidra ecolóxica, xamón, queixo e embutidos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cuatro × dos =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.