Ángeles Vázquez, asistiu a XXVIII Festa do Melindre

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asistiu  ao pregón da XXVIII Festa do Melindre e da Repostería Tradicional da Terra de Melide, actos nos que estivo acompañada pola directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez.

 Unha cita gastronómica que ten por obxectivo poñer en valor, protexer e recuperar este exemplo da repostería tradicional deste concello e da comarca, elaborado a base de xema de ovo, fariña e azucre. E na que Artesanía de Galicia colabora na celebración dunha mostra na que participan seis obradoiros artesanais de oficios como a xoiería, a marroquinería, a cerámica ou a bixutería que venderán e exhibirán os seus produtos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

2 × 5 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.