Cumprindo ilusións – Xornada de portas abertas SCD Milagrosa e CUD Ferroviaria

A SCD Milagrosa e a CUD Ferroviaria lanzan a sua Xornada de Portas Abertas que terá lugar no Luis López Gorgoso entre o 15 de maio e o 15 de xuño

Luis Díaz, xogador moi importante na historia do club, protagoniza o cartel de Xornada de Portas Abertas para a Temporada 2019/20. Saiu da canteira da SCD Milagrosa cara o Club Deportivo Lugo despois de acadar tres ascensos -infantil, cadete e xuvenil- nas categorías inferiores do club e conseguir o ascenso co primeiro plantel a Preferente, chegou ao Anxo Carro donde é habitual co filial do Club Deportivo Lugo, que compite en Terceira División e, ademáis, participou nun partido da Copa do Rei a pasada temporada ante o Nàstic de Tarragona.

Nesta xornada, que dará comezo o 15 de maio, os interesados entre 3 e 19 anos podrán anotarse os adestramentos de forma gratuita para coñecer o club, o método de traballo e instalacións, desfrutando de xornadas intensas de Fútbol sobre o novo verde do #EfectoFrigsa.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

12 − doce =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.