Deputación de Ourense e Xunta constitúen a comisión de seguimento para a creación do Centro Galego de Innovación da FP en Ourense

Na reunión, presidida por Manuel Baltar e Carmen Pomar, validouse o anteproxecto desta infraestrutura que se prevé que estea operativa no ano 2020 e que suporá un investimento de 9,9 millóns de euros.

O presidente da Deputación de Ourense destacou a importancia que ten a creación deste centro galego na nosa provincia porque “favorecerá o desenvolvemento industrial e a incorporación de novas tecnoloxías, dotando de capital humano altamente cualificado ao tecido produtivo galego”.

O centro estará situado na antiga Escola Fogar de Mariñamansa, un edificio de uso educativo que está xestionado pola Consellería de Educación e que está próximo ao CIFP A Farixa, centro de formación profesional de referencia en Ourense.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

13 + 14 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.