En Marea reivindica a súa aposta por cidades sostibles que faciliten a mobilidade mediante transporte público

En Marea reivindica a súa aposta por un modelo de cidade sostible, humanizado e deseñado á medida das persoas. O voceiro lamenta a incompetencia amosada polo Partido Popular, incapaz de impulsar os plans de transporte metropolitano que a cidadanía precisa. E reivindica o firme compromiso das Mareas municipais co deseño de urbes ben conectadas mediante transporte público; que faciliten unha mobilidade máis cómoda e respetuosa co medio ambiente no ámbito supramunicipal.
No último día de campaña, o voceiro de En Marea desprazouse ata Ourense para reivindicar, xunto á candidatura de Ourense Mellor, a necesidade de cidades mellor conectadas, que favorezan unha mobilidade sustentable tanto no ámbito municipal como dende outros municipios da contorna. “Nestes catro anos puidemos ver como o PP, cun absoluto sectarismo, foi incapaz de promover plans de mobilidade sostible dentro das áreas metropolitanas e urbanas de Galicia. Pasou na Coruña e Vigo, onde se opuxeron de forma frontal ao desenvolvemento de plans metropolitanos que mellorasen o transporte. Tanto o urbano, a través de autobuses, por estrada, como o ferroviario”. Unha actitude que o Partido Popular mantido tamén en cidades nas que gobernaba, como en Ourense, demostrando “a súa absoluta incompetencia” e o seu desleixo cara a medidas necesarias para mellorar o día a día e a validade. de vida da cidadanía.

A aposta de En Marea pasa por impulsar un sistema de transporte que non se limite ao tecido urbano, seno que teña en conta as necesidades e as dinámicas de mobilidade do conxunto das áreas metropolitanas. Algo que, no caso de Ourense, suporía incluír conexións con concellos da contorna como Ribadavia e O Carballiño. Ademais, a formación pon o foco na urxencia de impulsar conexións e horarios que faciliten os desprazamentos entre os lugares de residencia e centros de traballo como o polígono de San Cibrao das Viñas.
Tamén o candidato número tres de Ourense Mellor, Xosé Manuel Pérez Bouza, expresou o compromiso desa formación “cunha cidade amable, segura, na que se poida pasear con tranquilidade gozando do patrimonio e do comercio local. Unha cidade respectuosa co medio ambiente, sostible e accesible para o conxunto da cidadanía. Para iso é importante introducir moitos cambios, comezado pola mellora do transporte público, que nestes momento se está prestando en precario”, explica o candidato. Que denuncia a situación irregular dese sistema de transporte, cunha concesión caducada e unha flota de vehículos que en moitos casos “excede os 20 anos de antigüidade, contaminantes, coas plataformas para acceso de persoas con mobilidade reducida inoperativas e frecuencias que non cubren as necesidades da poboación, especialmente da que vive no perímetro rural”.

Fronte a esa situación, Ourense Mellor aposta por melloras que teñan en conta tamén ao sector do taxi. Nese senso, a formación comprométese a impulsar, en colaboración coa Federación do Taxi de Ourense axudas municipais a fondo perdido que permitan ir introducindo taxis eléctricos na flota local que impulsen a contaminación cero.

Os plans de Ourense Mellor en materia de moblidade pasan tamén por ampliar as rúas peonís no casco urbano como un xeito de impulsar o comercio e a hostelería. Así como por reducir o límite de velocidade no conxunto do casco urbano a 30 quilómetros por hora. “Unha maniera de reducir a contaminación producida polo tráfico, mellorar a seguridade e reducir os atropelos”. Ademais, a formación comprométese tamén a impulsar una cidade accesible para o 100% da poboación, comenzado por sinalizar itinerarios accesibles que conecten os principais puntos de interese turístico e os edificios municipais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dieciseis − trece =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.