Galicia presenta esta semana a súa oferta turística aos principais operadores de China

Participa desde hoxe na feira ITB que se celebra na cidade de Shanghai coa presenza de máis de 10.000 representantes de empresas e institucións

Co obxectivo de promover Galicia como destino turístico entre os principais operadores chineses, a Consellería de Cultura e Turismo presenta a oferta galega na feira ITB China que se celebra desde hoxe na cidade de Shanghai. Trátase dun certame en formato workshop no que participan os principais axentes de viaxes do país asiático así como máis de 10.000 representantes de empresas e institucións relacionadas co turismo mundial.

Nesta reunión estritamente profesional, técnicos do departamento de Cultura e Turismo da Xunta manterán reunións de traballo con operadores turísticos do ámbito das viaxes en xeral, ademais das especializadas para congresos e reunións de empresa.

Mercado emerxente

Con esta acción de promoción turística, Galicia mantén a súa aposta pola promoción nun dos mercados emerxentes con máis proxección do ámbito internacional que, xunto a Xapón e Corea, conforman a zona de demanda máis interesante para a Comunidade dentro do continente asiático.

ITB China celébrase en anos alternos en Shanghai, compartindo sede coa cidade de Kunming, e constitúe un dos principais acontecementos da industria das viaxes en no continente asiático, como os seus homólogos ITB Asia ou ITB Berlín, en Europa. É un foro ideal para establecer contactos coas compañías e os intermediarios turísticos para contratar a organización de viaxes. Nesta contorna, os expositores internacionais de todos os sectores da cadea comercializadora poden entrar en contacto coas empresas líderes desta rexión.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco × dos =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.