Martinez Loira chamo ao resto de candidatos á presidencia do RC Deportivo a un debate público

Jesús Martínez Loira lanza un chamamento a todos os aspirantes a presidir o Real Club Deportivo para que se pronuncien e acepten a celebración de “un ou varios” debates públicos co fin de poder contrastar os diferentes proxectos e achegar ideas e visións enriquecedoras para o futuro do club.

Martínez Loira considera apropiado poder fixar estes encontros a principios da próxima semana, a última previa á Xunta de Accionistas e a elección do novo Consello. “Os accionistas e todo o deportivismo merecen coñecer os detalles de cada programa” e poder escoitar o intercambio de ideas e impresións entre as diferentes alternativas para “poder elixir o mellor plan de futuro para o club” con toda a información sobre a mesa”.

“Canta máis transparencia e difusión das ideas podamos achegarlle ao deportivismo, máis enriquecedor será o debate para mellorar e construír un gran proxecto para o Deportivo”, afirma Martínez Loira. O aspirante á presidencia xa trasladou a súa disposición para debater desde o primeiro momento a varios medios de comunicación que así o solicitaron e espera que o resto de candidaturas sómense á proposta.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

uno × uno =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.