O BNG creará un gran parque na contorna da igrexa de Vilaboa, procurando unha nova ubicación para as festas

O candidato do BNG á alcaldía anunciou a búsqueda dun emprazamento alternativo para o campo da festa “que garanta un mellor desfrute das mesmas por toda a veciñanza e visitantes, e que evite a degradación da praza actual, que necesita unha reforma e a súa transformación nun verdadeiro parque público”

O BNG impulsará a rexeneración dos espazos urbanos de Culleredo, que nos últimos anos sofriron o total abandono por parte do Goberno do José Ramón Rioboo, sendo necesaria a súa recuperación para o lecer dos veciños e veciñas, en condicións de seguridade.

Tono Chouciño pon como exemplo a zona de Vilaboa, “á que reiteradamente se lle prometeu unha reforma total, a transformación da estrada principal nun boulevard cos fondos EDUSI, a cobertura dos parques infantís, e non sabemos cantas cousas máis, e todo se quedou en nada, dúas macetas e chapuzas de última hora”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

2 × 1 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.