O Calvo Xiria desprázase a Avilés coa ilusión do ascenso a DHP

Chegou o día e mañá xoves ás 15:30, o Calvo Xiria partirá cara a terras asturianas para disputar a sexta fase de ascenso da súa historia a DHP (cuarta consecutiva). Os xogadores carballeses están a adestrar a bo ritmo durante toda esta semana e esperan con ilusión o inicio dunha fin de semana que promete ser de emocións fortes

O Calvo Xiria chegará sobre as 18:30 h a Candás, onde instalará o seu cuartel xeral ao longo de toda a fase. A localidade, situada a 17Km de Avilés, onde se disputarán os partidos, ofrecerá a tranquilidade ideal para que os verdinegros poidan estar concentrados no seu obxectivo. Unha vez instalados, os de Xiria achegaranse ao pavillón La Magdalena para realizar o último adestramento antes do partido do Venres.

Calvo Xiria iniciará a súa andaina neste grupo II o Venres ás 18:00 h, no que será o pistoletazo de saída á fase de ascenso a DHP. En fronte, terá ao conxunto valenciano do Viscoconfort Maristas Algemesí, un gran equipo dotado dun cadro de persoal moi compensado e onde destaca o seu estremo esquerdo, o goleador Padilla. Os valencianos son un conxunto cunha ferrea e dura defensa, un equipo que afronta os partidos cunha intensidade sobresaliente e que en ataque gozan dun amplo cadro de persoal que pode dar variedade de solucións tácticas con bos extremos finalizadores, primeiras liñas con capacidade no 1×1 e un pivote cunha notable antropometría e mobilidade. Non exentos de lanzamento exterior na esquerda do seu ataque, o Viscoconfort preséntase como un rival certamente complicado para os de Xiria, que deberán de presentar os seus mejopres prestacións e o máis alto nivel para superar aos valencianos.

Lograr os primeiros dous puntos no inicio da competición, antóllase importantísimo, xa que o contrario deixaría aos de Carballo sen marxe de erro á hora de afrontar os seguintes encontros.

O segundo e terceiro día, o Calvo Xiria medira forzas cos asturianos do Cafés Toscaf ATL. Avilesina e o UE. Sarriá respectivamente, dous rivais de entidade e que no caso dos primeiros contarán co plús de xogar en casa. Os cataláns, chegan a esta fase desde un grupo que nos últimos anos erixiuse como un dos máis competitivos e fortes da primeira nacional, aceno do potencial deste Sarriá que conta cun sete inicial de enorme calidade.

Pero tampouco estarán sós os xogadores do Calvo Xiria; máis de 150 seguidores desprazaranse desde Carballo para asistir ao que pode ser un ascenso histórico á DHP por parte do conxunto bergantiñán.

PLANTILLA CALVO XIRIA

NOMBRE POSICIÓN DORS
SANTIAGO GÓMEZ PERISCAL “IAGO” PORTERO 32
ANTONIO MATO GÓMEZ “ANTONIO” PORTERO 1
CARLOS VILANOVA GARCÍA “CARLOS VILANOVA” EXTREMO DERECHO 4
GABRIEL CASTIÑEIRAS TRIGO “GABRI” LATERAL IZQUIERDO 5
CARLOS ALBERTO LEMA GARCÍA “CUCO” PIVOTE 6
JULIÁN LÓPEZ VILLAR “JULIÁN” PIVOTE 7
BRAIS PUÑAL DOMÍNGUEZ “BRAIS” EXTREMO IZQUIERDO 8
FRANCISCO JOSÉ REY PEDREIRA “FRAN” LATERAL IZQUIERDO 9
PABLO IGLESIAS FRAGA “PABLO” CENTRAL 10
HUGO RODRÍGUEZ GARCÍA “CHIMPO” LATERAL IZQUIERDO 13
CARLOS GARCÍA FREIJEIRO “CARLOS GARCÍA” EXTREMO IZQUIERDO 17
JUAN CARLOS RODRÍGUEZ ORTIZ “JUANKA” CENTRAL 19
ENRIQUE PENA PENSADO “ENRIQUE” EXTREMO DERECHO 20
MANUEL MÉNDEZ CABEZA “MANU” LATERAL DERECHO 21
JORGE BOUZAS PICHEL “JORGE” EXTREMO IZQUIERDO 24
IVÁN AMARELLE GESTO “AMARELLE” LATERAL DERECHO 66
     

CORPO TÉCNICO:

  • ENTRENADOR: FERNANDO VÁZQUEZ QUINTEIRO
  • OFICIAL: MANUEL ANXO PARDIÑAS RODRÍGUEZ
  • OFICIAL: PABLO PERISCAL SÁNCHEZ
  • FISIOTERAPEUTA: MARGA SOBRIDO

O calendario da fase e os horarios serán os seguintes:

FASE DE ASCENSO DH PRATA

17, 18 e 19 de maio de 2019
Avilés (Asturias), Polideportivo La Magdalena

Venres 17

  • 18:00h
    CB Visconconfort Maristas Algemesí – Calvo Xiria
  • 20:15h
    Cafés Toscaf Atl Avilesina – UE Sarriá

Sábado 18

  • 18:00h
    UE Sarriá – CB Visconcorfort Maristas Algemesí
  • 20:15h
    Cafés Toscaf Atl Avilesina – Calvo Xiria

Domingo 19

  • 10:15h
    UE Sarriá – Calvo Xiria
  • 12:30h
    Cafés Toscaf Atl Avilesina – CB Visconconfort Maristas Algemesí

Poderanse seguir os encontros do Calvo Xiria na Cervecería La Bombonera, onde emitirán os partidos en directo.

Ligazón para ver os partidos en directo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

13 + diecisiete =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.