UGT e CCOO presentan recurso contra o Plan xeral de transportes da Xunta

UGT e CCOO veñen de presentar Recurso no Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia, que xa tiña decretada a suspensión cautelar do mesmo por sendos recursos das patronais do sector. Con este recurso trátase de afondar máis no respecto dos dereitos lexítimos das persoas traballadoras, cousa que non fixeron as alegacións presentadas ata o momento.
Os motivos que esgrime o recurso presentado polas dúas centrais máis importantes do sector de transporte de viaxeiros en Galicia refírense, basicamente, á ausencia de fiscalización previa por parte da Consellería respecto ós datos informados polas empresas que actualmente prestan os servizos en relación ó persoal obrigado a subrogar. Estas traballadoras e traballadores teñen a consideración de persoal propio da concesión con todo dereito de permanencia.
Trátase pois de cuestións técnicas e non puramente económicas, aínda que resulta evidente que repercuten indirectamente nos presupostos. As cuestións exclusivamente económicas refiren máis a un interese patronal, debendo a parte sindical, neste caso UGT e CCOO, afondar máis profundamente nos intereses sociais e da clase traballadora.
Os acordos das cláusulas sociais asinados ca Consellería en materia de subrogación veñen a garantir o traspaso dos traballadores afectados nas súas condicións actuais, entre outros aspectos moi importantes, pero esta falla de control sobre os listados que forman parte dos pregos por parte do órgano licitador, a xuízo de CCOO e UGT, pode causar incertidume e inseguridade entre parte dos traballadores afectados

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cuatro × 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.