UGT-Galicia manifesta a súa repulsa pola grave agresión machista sufrida hoxe por unha traballadora de UUAA no Concello de Vimianzo

A Comisión Executiva de UGT-Galicia manifesta a súa máis enérxica repulsa pola grave agresión machista recibida por unha das traballadoras de UUAA na mañá de hoxe no Concello de Vimianzo.

UGT agarda das forzas e corpos de seguridade do Estado unha actuación eficaz e rápida para a detención do presunto autor destes gravísimos e preocupantes feitos, que novamente nos sitúan ante o insoportable escenario da violencia contra as mulleres.

Os traballadores e traballadoras, xunto con todos os afiliados e afiliadas da UGT, queren trasladarlle á familia e amigos da compañeira agredida toda a solidariedade, afecto e agarimo nestes intres tan difíciles.

Unións Agrarias convoca unha concentración de repulsa ao terrorismo contra as mulleres e de apoio á familia da compañeira agredida, ás 19.00 horas, diante da súa sede central en Santiago de Compostela (Rúa Doutos Maceira, 13) e súmase á concentración prevista polo Concello de Vimianzo ás 20.00 horas na Praza do Concello.

Foto portada: Telecinco

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dos × 3 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.