X asemblea da Coordinadora Estatal de Mareas Brancas

A Primeira Asemblea de todas as Mareas Brancas de todo o estado foi alá polo ano 2016, e nela se constituíu a Coordinadora Estatal de Mareas Brancas

Esta Coordinadora naceu co ánimo de formular unhas liñas estratéxicas que unirán aos diferentes territorios do estado, para visibilizar as derivas das políticas privatizadoras dos gobernos das diferentes CCAA, así como as dos gobernos do estado.

Decidimos rotar polos diferentes territorios as nosas asembleas: esta vez, os compañeiros e compañeiras de Logroño preparan a nosa X Asamblea, que se celebrará o vindeiro 11 de maio.

Durante estes anos fixemos algunhas cousas importantes: aumentamos a familia, sumáronse outras organizacións, seguimos coa presenza nas rúas cada terceiro domingo de mes, e tamén chegamos a algunhas conclusións coma os 38 puntos para revertir a privatización da sanidade, o encontro sobre Atención Primaria, e seguimos afondando sobre sobre a desprivatización da nosa sanidade.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

5 × 2 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.