10K Carballo volve o 16 de xuño como unha das mellores citas do circuíto provincial

A Carreira Popular Concello de Carballo volve en xuño, o día 16, con importantes novidades para cumprir a súa novena edición e consolidarse como unha das mellores citas do Circuíto de Carreiras Populares Deputación da Coruña. Constará de tres probas: a 10K Carballo, oficial da FGA sobre unha distancia homologada de 10.000 metros, e puntuable nas categorías absolutas sub 20, sub 23, sénior e máster; a competición das categorías menores sub 18, sub 14, sub 12 e sub 10, tamén puntuables para o circuíto da Deputación; e as carreiras dos grupos de idade pitufos e biberón, non puntuables.

A inscrición, que abre mañá venres 12 de abril, realizarase en www.championchipnorte.com ata as 23.59 horas do 12 de xuño. É gratuíta para todas as categorías menores. Os participantes da 10K deberán pagar un prezo simbólico de 2 euros.

Unha das novidades é o adiantamento ás 10.30 horas da proba sénior, a primeira en disputarse. Como en pasadas edicións, os corredores terán á súa disposición servizos de avituallamento e de fisioterapia e recibirán o agasallo dunha camiseta. Outra das novidades importantes é que haberá caixóns de saída: os corredores, en función da marca que acrediten, terá un lugar reservado na saída.
Estes son os horarios de competición:

Entregaranse trofeos aos 1º, 2º, 3º clasificados masculino e feminino de cada unha das categorías no 10K así como nas sub 18, sub 16, sub 14, sub 12 e sub 10. As categorías sub 20, sub 23 e sénior” contemplaranse como única no que aos trofeos se refire. Tamén se premiará aos primeiros carballés e carballesa clasificados, ao corredor de maior idade, ao récord da proba, ao primeiro equipo clasificado, á entidade con máis participantes.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

16 − uno =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.