48.ª MAREA BRANCA. Non queremos caridade

Como cada terceiro domingo de mes, saímos á rúa. Chega o periodo estival e de novo pechan máis camas, Almuíña di que isto non afectará á atención aos usuarios/as, porque segundo el, neste periodo baixa a actividade: o Conselleiro é adivino sabe de antemán cando a xente vai enfermar e cando non. Hai que ser parvo e pensar que, dito isto, imos estar caladas.

Esperámosvos este domingo: falaremos dos transplantes e a súa privatización, do agallaso de Amancio Ortega e da cesión das instalacións públicas, hospitais, centros de saúde, ambulatorios… para a utilización de médicos e médicas privadas.

Esperámosvos!

A sanidade non se vende, deféndese!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco + tres =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.