As rupturas matrimoniais aumentan en Galicia un 36,5 por cento no primeiro trimestre do ano

O número de demandas de ruptura matrimonial (separacións e divorcios) presentadas en Galicia no primeiro trimestre do ano foi de 1.618, fronte ás 1.185 que se rexistraron no mesmo período do ano pasado, o que supón un aumento do 36,5 %, fronte ao 1,2 % de incremento de media estatal. Esta baixada débese, polo menos en parte, á folga de funcionarios que desde febreiro ata maio afectou ao normal funcionamento da Administración de Xustiza en Galicia. Poñendo en relación as demandas de ruptura matrimonial coa poboación a 1 de xaneiro de 2018 por cada 10.000 en Galicia rexistráronse 6 demandas no período estudado, fronte ao 6,3 de media estatal.

Segundo os datos feitos públicos hoxe pola Sección de Estatística do Consello Xeral do Poder Xudicial, na comunidade aumentan os divorcios consensuados (de 628 a 846, un 34,7 %) como os non consensuados (de 520 a 709, un 36,3 por cento). En relación ás separacións consensuadas, pasaron de 28 a 44 no primeiro trimestre do ano, mentres que as non consensuados pasaron de 9 a 19. Neste período rexistráronse dúas peticións de nulidade matrimonial.

Entre o 1 de xaneiro e o 31 de marzo de 2019 presentáronse 1.618 demandas de divorcio e separación, fronte ás 1.185 do ano pasado

Nos tres primeiros meses do ano rexistrouse tamén una subida interanual tanto nos procedementos de garda, custodia e alimentos de fillos non matrimoniais, como nos de modificación de medidas en procesos de separación e divorcio.
Así, entre o 1 de xaneiro e o 31 de marzo pasados iniciáronse 168 procedementos de modificación de medidas consensuadas, un 55,6 % máis que no mesmo período do ano anterior. As demandas de modificación de medidas non consensuadas pasaron de 387 a 439, un 13,4 por cento máis.
En canto aos procedementos de garda, custodia e alimentos de fillos non matrimoniais, rexistráronse 168 demandas de modificación de medidas consensuadas, fronte ás 108 do primeiro trimestre de 2018, o que supón un aumento do 55,6 %; e 439 demandas de modificación de medidas non consensuadas (387 o ano pasado), o que representa unha subida interanual do 13,4 %.
Estes datos han de ser interpretados tendo en conta que durante a folga de 2018 se deixaron de rexistrar procedementos, o que provoca as baixas cifras do primeiro trimestre do ano pasado. Durante os meses estudados de 2019, ademais, parte dos xulgados contaron cun plan de reforzo de funcionarios para liquidar as consecuencias da protesta e axilizar os asuntos pendentes.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

2 × 1 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.