CxG acusa de “improvisación” á Xunta na xestión dos lodos do río Lérez, e pide a paralización do proxecto ata que se artelle unha medida “máis ecolóxica e de consenso”

A total falla de política ecolóxic a e de previsión é latente nesta decisión, é preocupante tamén que o BNG propoña a mesma media que se adoptou no Prestige, levar a contaminación a mar aberto

“Dende Compromiso por Galicia preguntámonos como un ente público como é Portos de Galicia fai unha acción sen un estudo de impacto ambiental e improvisando” manifestou Piñeiro Docampo, Secretario Xeral de CxG, no relativo á problemática xerada coa xestión dos lodos do dragado do Lérez.  Ten que ser novamente a sociedade civil quen free a improvisación na xestión da Xunta de Galicia, que toma as decisión e base a forza social de cada bisbarra, neste caso a situación afecta tamén competencias do estado nun Parque Nacional que ten que ser referente na xestión do entorno. Foi CxG Ribeira, quen primeiro alertou de esta situación que pon tamén en risco a capacidade marisqueira e pesqueira da ría, xa que este tipo de barros de zonas urbanas soen ter contaminantes  e enturban a auga. Dende a Consellería do Mar manifestan agora que non é unha situación definitiva, mais dende CxG aseguramos que froito da xestión política e denuncia do noso grupo en Ribeira estase a valorar outra opción.   Resulta tamén preocupante que o BNG presente unha iniciativa no Parlamento que solicite tirar eses lodos en mar aberto, quizais pense o BNG que son fíos  de plastilina? Para CxG esa non é a solución.

Dende Compromiso por Galicia solicitamos un estudo rigoroso do tratamento de esta materia, e que sexa convenientemente xestionada en terra, posto que existen medios para tratar os 330.000 metros cúbicos, sen por en risco a riqueza da ría e un Parque Natural do que todos temos fachenda.

 Dende CxG utilizamos mecanismos propios, e colaborando cos nosos socios, trasladaremos esta situación tanto ó Senado do Estado cámara territorial por medio do PNV como a eurocámara por medio de Izaskun Bilbao Eurodeputada de CxG na coalición CEUS.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

quince + once =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.