Lugo. Ana González Abelleira: “Ameazas “políticas e inxustificadas” de retirada dunha subvención de 45.000 euros para políticas da Muller por parte da Xunta

A concelleira de Lugo, Ana González Abelleira, que volverá a ocuparse da área de Igualdade neste novo mandato, lamenta as declaracións da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e a “súa ameaza de retirar unha subvención de 45.000 euros, polo que ela di, falsamente, que son postos sen cubrir cando estamos a falar en realidade de persoal que está de baixa, dúas persoas, unha delas desde esta mesma semana, cando está xa en tramitación a incorporación do persoal substituto ”

Abelleira sostivo que López Abella está a “utilizar información sobre as baixas, que se lle fai chegar ao seu departamento para unha mellor coordinación, como arma política, rompendo a debida lealdade institucional cando falamos de trámites habituais entre as administracións, algo que é máis grave aínda cando nos referimos a temas vinculados coa muller, que hai que abordar con especial sensibilidade”.

“Sabemos que o presidente da Xunta xa está en campaña electoral, pero non vale todo; hai que ser cautos con determinados temas”, sostén a concelleira lucense, que lembra, ademais, que o Concello de Lugo investiu 700.000 euros en políticas específicas da muller no 2018, “a mesma cantidade que a Xunta ven de anunciar que entrega aos 44 concellos da provincia de Lugo para desenvolver iniciativas de tratamento integral da violencia machista, fomento da conciliación e apoio aos Centro da Muller”.

Desde o Concello de Lugo, sostén a Concelleira, estamos traballando con convición nas políticas de igualdade e da muller, “e o seguiremos a facer con o sen a subvención de 45.000 euros”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

once + trece =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.