Medio Rural autoriza o uso temporal dun tractor ao Concello do Páramo para empregar nas labores de prevención de incendios

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a medida pretende facilitarlle á entidade local as tarefas de roza

A Consellería do Medio Rural chegou a un acordo de colaboración co Concello do Páramo polo que lle autoriza o uso temporal dun tractor para  a roza co fin de facilitarlle á entidade local as labores de prevención de incendios.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a maquinaria consiste nun vehículo tractor e dous apeiros (unha rozadoira de brazo e unha trituradora suspendida traseira). A cesión de uso é temporal e o tractor seguirá sendo propiedade da Administración autonómica.

O obxecto do convenio, apuntou Balseiro, é facilitarlle ao Concello os traballos de limpeza de matogueira no ámbito das súas competencias. Con estas medidas, foméntase o mantemento libre de maleza das infraestruturas rurais de titularidade municipal, predios e redes secundarias de faixas de xestión de biomasa.

Ademais desta vía de colaboración, Medio Rural asinou o pasado verán convenios con 19 concellos galegos -cinco da provincia de Lugo- en virtude dos cales a Consellería comprometeuse a financiar a compra de tractores para a prevención de incendios por parte dos municipios beneficiados, con axudas por un importe máximo de 85.000 euros para destinalas á adquisición dun tractor con dous apeiros de roza (un de arrastre e outro de brazo).

Deste xeito, a Administración autonómica coopera cos concellos galegos para facilitarlles o cumprimento das súas obrigas en canto á execución das rozas e o mantemento das vías municipais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

11 − 6 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.