O Ministerio de Fomento comprométese co alcalde a licitar a obra de Sol y Mar en 2019

Oleiros, 19 de xuño de 2019-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, mantivo esta mañá unha reunión co responsable de Estradas do Ministerio de Fomento. O asunto que levou a García Seoane á Delegación de Fomento da Coruña era coñecer a situación das obras pendentes de executar por parte do Ministerio na intersección de Sol y Mar, en Perillo.

 O responsable de Estradas informou o alcalde que o proxecto está informado positivamente para a súa aprobación, que debería producirse nos primeiros días do mes de xullo. Unha vez aprobado, debería iniciarse a licitación.

O alcalde insistiu en que a contratación debe facerse no presente ano, ao existir partida orzamentaria suficiente para a licitación da obra, que debe ser realizada como mínimo en 2 exercicios. O custo total desta actuación é de 10,4 millóns de euros.

Finalmente, o responsable de Estradas comprometeuse a que lle notificará a aprobación do proxecto ao alcalde e que, a continuación, licitarase a obra para a súa realización definitiva entre o 2020 e o 2021.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

tres × 5 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.