O Parador Hostal dos Reis Católicos, en Santiago, acolle este xoves a presentación da 8ª Edición dos Premios D.O. Ribeiro

O acto de presentación contará coa presencia dos gañadores do Premio de Honra e do Premio á Mellor Tarefa de Comunicación, que se coñecerán no mesmo

A Denominación de Orixe Ribeiro celebra este xoves 6 de xuño, dende as 11:00 horas na Sancristía Alta do Parador Hostal dos Reis Católicos de Santiago, a presentación da oitava edición dos seus Premios.

O acto contará coa presenza de Juan Manuel Casares, presidente do CRDO Ribeiro, e máis dos gañadores do Premio de Honra e do Premio á Mellor Tarefa de Comunicación 2019, que sucederán, respectivamente, a César Lumbreras e Víctor de la Serna, galardoados no 2018.

Os Premios D.O. Ribeiro 2019 celebraranse no Mosteiro de San Clodio (Leiro), o martes 18 de xuño, dende as 19:30h.

A gala do Ribeiro reúne anualmente os profesionais que fan posibles e que divulgan os viños da denominación de orixe máis antiga de Galicia: adegas,  colleiteiros, distribuidores, almacenistas, medios de comunicación… Esta festa da viticultura conta co atractivo adicional de celebrarse no berce da viticultura galega e das súas castes autóctonas.

Ademais, nela entréganse os galardóns nas categorías: “Premio de Honra”; “Mellor Tarefa de Comunicación”; “Vida entre Vides”; “Muller e Viño”; “Mellor viño branco de adega”; “Mellor viño branco de colleiteiro”; “Mellor viño tinto”; “Mellor servizo de viño en restaurante”; “Mellor tenda especializada – viñoteca”; e “Mellor taberna – bar de viños”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

uno × 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.