Obras de arte con mensaxes para crear conciencia ambiental

O CEIDA organiza o Curso ‘Arte e Medio Ambiente’ con conferencias, obradoiros artísticos e ata actuacións musicais. A actividade reunirá durante tres días a artistas, músicos e educadores/as ambientais internacionais que empregan a natureza como recurso de sensibilización ambiental 

Pode empregarse a Arte como recurso para a sensibilización ambiental? Existen experiencias significativas e programas relevantes de expresión artística a favor da sostibilidade? Éstas e outras cuestións trataranse a vindeira semana no Curso ‘Arte e Medio Ambiente: da Creación á Sensibilización Ambiental’, organizado polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA). A actividade, que terá lugar na súa sede, o Castelo de Santa Cruz (Oleiros), reunirá a moitos dos principais artistas, músicos e educadores/as ambientais que traballan neste ámbito e teñen desenvolvido técnicas e procedementos de expresión artística sobre a contorna tanto a nivel estatal como internacional.

Dende os inicios do ser humano, a natureza foi e continúa a ser un tema recorrente e fonte de inspiración para moitos artistas a través da pintura, da escultura, da música e doutras expresións artísticas. Pero máis alá do seu atractivo estético, dende o século XX a natureza convértese nun problema real e a arte adopta novos discursos: xa non se conforma con ilustrar, a arte é empregada por moitos creadores como recurso de sensibilización ambiental.

Do 19 ao 21 de xuño, o CEIDA acollerá a unha decena de expertos que traballan neste eido, para dar a coñecer diferentes iniciativas de construción artística en e pola contorna e o seu impacto psicosocial: arte na terra, a paisaxe na arte, esculturas con crebas, música reciclada… un amplo e variado programa que inclúe conferencias, obradoiros artísticos, e concertos musicais.

O curso está aberto a todas as persoas interesadas, pero para poder asistir é preciso inscribirse a través da web www.ceida.org e abonar unha couta de matrícula. As prazas son limitadas.

Pode atopar o programa completo e un pequeno currículo de cada unha das persoas participantes en: http://www.ceida.org/sites/default/files/dossiers/dossierarteema.pdf

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

10 + 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.