Ofrenda das Sete Capitais do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento na catedral de Lugo

A ofrenda é un acto institucional e relixioso centenario que se celebra cada ano en Lugo o domingo seguinte ao do Corpus Christi, e nel participan os mandatarios das antigas capitais do Reino de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, Mondoñedo, Betanzos e Tui. Coa ofrenda ao Santísimo e a súa posterior procesión pola cidade, cumpren co voto solemne que fixeron en 1669, ante as dificultades económicas da Catedral de Lugo, de dotar a dunha renda anual coa que iluminar o altar maior.

Desde 1925 até os nosos días celébrase o rito da ofrenda da mesma forma nunha misa solemne: por quendas rotatorios anuais, os mandatarios municipais das sete cidades do Antigo Reino de Galicia (o alcalde de cada cidade ou un delegado ou representante seu) presenta a Ofrenda. Este ano realizouna o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.

O Santísimo Sacramento é unha fermosa custodia que se expón permanentemente no altar maior da Catedral de Lugo. Conta cunha grande devoción, e de feito está incorporado ao escudo da cidade.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dos × dos =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.