Oleiros. As empresas que contraten alumnos do Obradoiro de Emprego da Finca Tenreiro recibirán subvencións

O obradoiro de acondicionamento da Finca Tenreiro está a formar persoas que se atopaban en situación de desemprego nos oficios de carpintería e albanelería. Aquelas empresas que contraten algunhas destas persoas van recibir unha subvención de 1.500 euros.

 

Con esta axuda preténdese facilitar o primeiro contrato de traballo do alumnado e incentivar que as empresas opten por persoal cualificado. O obradoiro finalizará o vindeiro 27 de xullo.

As empresas interesadas nestas subvencións deben dirixirse ao Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, situado nos Regos. O teléfono de contacto é o 981631706.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

17 + 5 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.