Ourense. O alcalde despide a 400 peregrinos camiño de Lourdes

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, despediu a preto de 400 peregrinos da Asociación Hospitalidad Nuestra Señora de Lourdes que partían onte á noite cara ao santuario francés en autobús.

O Bispo de Ourense, Leonardo Lemos Montanet, tamén acudiu a despedir a comitiva, que por trixésimo cuarto ano consecutivo acudirá á localidade occitana para participar en actos de carácter lúdico e litúrxico.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

14 − 6 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.