A CIG entregará mañá, no rexistro do Parlamento de Galiza, as sinaturas para a tramitación da ILP

Unha representación da Executiva Confederal da CIG e delegados/as da industria electrointensiva farán entrega mañá mércores, día 10 de xullo, ás 11:15 horas, no Parlamento de Galiza, das sinaturas recollidas para a tramitación da Iniciativa Lexislativa Popular de “Medidas para a nova xestión dos saltos e aproveitamentos hidroeléctricos no territorio de Galiza”.

Tras da entrega das sinaturas, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, dará conta da campaña desenvolvida nos meses de recollida de sinaturas; do total das presentadas e das razóns polas que a central sindical impulsou esta Iniciativa Lexislativa Popular.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

4 + trece =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.