A Policía Local de Ourense contará con nove novos efectivos máis, que se incorporan ao persoal en réxime de prácticas

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no salón de plenos os novos policías locais en prácticas cos que contará o Concello de Ourense. Estes nove efectivos, que deberán superar o proceso formativo en réxime de prácticas, non se incorporarían ao corpo municipal até o inicio de 2020, cando poderían tomar posesión do cargo.

O alcalde de Ourense animou os novos axentes para que poidan incorporarse ao corpo canto antes debido ao déficit de axentes cos que conta a cidade. Nestes momentos, existen 90 policías, mandos incluídos. Pero entre xubilacións e xubilacións anticipadas, Ourense podería sufrir a baixa de até 18 axentes, o dobre dos que se incorporarían.

Así mesmo, o alcalde manifestoulle o seu agradecemento á Policía Nacional por acoller de bo grado, na Xunta Local de Seguridade celebrada a pasada semana, a proposta de aceptar parte das tarefas administrativas de denuncias que actualmente asume a Local.

 Toma de posesión de dúas traballadoras sociais

Esta mañá, o alcalde de Ourense recibiu a dúas novas traballadoras sociais na Alcaldía da Casa do Concello.

As novas funcionarias tomaron posesión asinando a acta perante o alcalde e o oficial maior.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

3 + 3 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.