Alfonso Rueda, e Santiago Villanueva, mantiveron unha xuntanza co profesor da USC, Antonio Rial Boubeta, para abordar temas relacionados co xogo

Alfonso Rueda, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, mantiveron hoxe unha xuntanza de traballo co profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio Rial Boubeta, para abordar temas relacionados co xogo.

Antonio Rial é un psicólogo experto na materia e membro do grupo de traballo da Xunta constituído para asesorar na elaboración da nova Lei do Xogo, que se está tramitando actualmente e que virá a actualizar a anterior normativa, que data de 1985.

Durante a reunión, abordaron e analizaron os distintos aspectos do borrador da Lei, así como as necesidades e demandas do panorama actual.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

12 + ocho =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.