Elena Candia presenta ao equipo de traballo que conformará o grupo provincial do PP para o vindeiro mandato

Pon en valor que son o Partido que gañou as eleccións e que, por tanto, está en disposición de  gobernar,  polo que “se os que perderon non nos deixan facelo faremos unha oposición construtiva e coherente, defendendo o que fixemos sobre todo nestes últimos 4 anos, onde cun goberno en minoría, e dunha maneira responsable, conseguimos os principais proxectos que a Deputación puxo en marcha”.

  “Vimos con ilusión e con ganas de traballar, e farémolo apostando pola colaboración institucional e o reforzo do traballo conxunto co Goberno do Estado, a Xunta e os Concellos”. Todo o contrario, engadiu, de como empregou estes anos o PSOE a Deputación

Remarca que “o noso único compromiso é a provincia” e pídelle ao PSOE “que deixe de utilizar as institucións como instrumento onde intenta arranxar as desavenencias internas”

A súa acción estará centrada en demandar do goberno novas medidas que potencien os servizos sociais, oemprego e desenvolvemento do sectores produtivos, axuventude e a infancia, as infraestruturas ou a poñer en valor o potencial mediambiental, cultural e turístico

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

uno × tres =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.