En Marea: “A lei de Patrimonio Natural non aborda a grave situación do país”

En Marea rexeita a nova lei de Patrimonio Natural no Parlamento de Galicia ao considerala pouco ambiciosa no que atinxe á protección e ao observar que non aborda a grave situación de abandono do medio natural galego.
“Primeiro imos depredar todo coa nova lei de iniciativas empresarias, beneficiando a minaría e a gran industria e logo dámoslle un lavado de cara con esta lei que non chega ás cuestións de fondo que ten que chegar”, criticou o deputado Davide Rodríguez no Pleno.

En Marea destacou na Cámara galega que a Asociación Drosera para o Estudo e Conservación do Medio Natural, a Asociación Galega de Custodia do Territorio, Ecoloxistas en Acción, ADEGA, o Foro de Redes e Entidades de Custodia do Territorio, o Grupo Naturalista Hábitat, a Rede Galega de Entidades de Custodia do Territorio, a Sociedade Galega de Historia Natural e a Sociedade Galega de Ornitoloxía, entre outras, teñen demostrado e argumentado que o borrador desta lei non protexe efectivamente á natureza.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

12 − seis =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.