En Marea propón que a lei de impulso demográfico inclúa a gratuidade da escolarización pública de 0 a 3

Villares destaca que o PP non ten credibilidade para impulsar a saída do pozo demográfico no que está Galicia

En Marea critica o anuncio propagandístico do anteproxecto de lei de impulso demográfico feito pola Xunta. “Non hai un plan transversal con datas, con datos e, sobre todo, con cartos, para poder facer fronte a esta situación”, asegura o voceiro do Grupo de En Marea no Parlamento de Galicia, Luís Villares.

“A sangría demográfica, a falta de relevo xeracional, o descenso da natalidade en termos absolutos soamente comparable cos datos de Xapón ten unha explicación: é o resultado dunha falta de esperanza e dunha falta de expectativa de futuro por parte da mocidade do noso país”, sinala Villares.

O voceiro de En Marea reclama que na futura lei de impulso demográfico de Galicia se inclúan servizos públicos que garantan certezas ás galegas e galegos. Como medidas a implementar de maneira urxente, Villares destaca a universalización e gratuidade da escolarización pública de 0 a 3 anos, a posibilidades de acceder á fecundación in vitro ata os 45 anos a través do SERGAS e un tratamento fiscal mellorado das persoas con fillas e fillos.

Desde En Marea laméntase a falta de ambición do Goberno galego no relativo a este anteproxecto de lei e critícase a falta de accións concretas do texto lexislativo. “Non ten medidas concretas e carece dun calendario de acción urxente”, sinala Villares, que ademais apunta que “non recoñece novos dereitos cidadáns para a mocidade en ningún campo concreto” e que “non establece obrigas específicas para os poderes públicos”.

“Cos peores datos de Europa da evolución da taxa de natalidade, de emigración xuvenil e de despoboamento do territorio, o PP non ten credibilidade para impulsar a saída do pozo demográfico. Leva dez anos gobernando consecutivamente coa peor evolución de Europa”, asevera o voceiro.

“Nos seus estudos previos no observatorio, o PP puido ver como o papel da muller, o mercado laboral e a perda de servizos públicos son determinantes da situación actual. E as súas políticas foron determinantes para o agudizamento desta situación de declive demográfico”, asegura Villares.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

diez + siete =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.