Esquerda Unida Lugo: “O Pleno de organización demostrou que desapareceu a ética de esquerdas no Concello de Lugo”

O aumento de asesorías e dedicacións exclusivas costará ás arcas municipais un total de 1.113.000 euros ao ano no vindeiro mandato. Un aumento de 227.000 euros ao ano a pesar de contar neste mandato con dos grupos municipais menos que no anterior. PSOE e BNG acordaron que existan 14 dedicacións exclusivas, con un salario bruto anual para cada edil de 44.408 euros, e un salario para a alcaldesa de 67.018 euros en 14 pagas. O PSOE terá aos seus oito concelleiros/as con dedicación exclusiva, ademais de contar con nove asesores/as como persoal de confianza. Os/as concelleiros/as do BNG contarán todos/as con dedicación exclusiva, e terán cinco asesores/as.

En Esquerda Unida consideramos unha clara involución política que o novo goberno municipal, supostamente progresista, adopte como primeira medida a subida do gasto en dedicacións exclusivas dos concelleiros e concelleiras do PSOE e BNG e no número de asesorías, un feito que fai retroceder a institución a mandatos anteriores e serve de indicador da orientación que van ter as políticas “progresistas” do goberno municipal no mandato que agora comenza.

De feito, todos os concelleiros socialistas e nacionalistas van disfrutar de dedicación exclusiva, ademais de catorce asesorías, unha cifra que supera o seu propio número de edís. PSOE e BNG aluden á suposta eficacia para tentar xustificalo, pese a que a eficacia é un principio que non garda relación directa algunha con manter dedicacións exclusivas e asesorías, senón que dependerá da capacidade de xestión que amosen os concelleiros/as delegados/as para desempeñar a súa función.

O PSOE mantén os nove do mandato anterior cando aludía en 2015 que eran necesarios para poder exercer o seu goberno en solitario.

O municipio de Lugo segue padecer os efectos da crise económica, e conta actualmente con 15.000 persoas en risco de exclusión social. Os impostos dos/as lucenses, incluídos os das persoas máis desfavorecidas, son utilizados polo PSOE e o BNG para crear axencias de colocación dos seus respectivos partidos políticos no Concello, aos que haberá que sumar os que crearán na Deputación.

PSOE e BNG se comportan como Sociedades Anónimas, primando os seus intereses particulares fronte á vocación pública.

De feito, a última partida orzamentaria destinada polo goberno municipal a exclusión social era de 250.000 euros, a cuarta parte do que cobrarán os actuais membros da corporación con dedicacións.

Buscando xustificar o inxustificable, PSOE e BNG falan de conxelación das asignacións. Pero é preciso sinalar que a alcaldesa continuará cobrando 4.787,22 euros en catorce mensualidades e o resto de concelleiros/as con dedicacións exclusivas percibirá 3172,40 euros, na provincia cos salarios e as pensións máis baixas do Estado. Se a alcaldesa finaliza os oito anos de mandato, por exemplo, embolsará a cifra de 536.168,64 euros. Se ademais de aumentar o número de dedicacións e asesorías aumentasen os seus salarios e non os conxelasen, sería unha obscenidade difícil de transmitir socialmente, merecedora mesmo dunha mobilización.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

doce − cuatro =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.