Feijóo anima a seguir apostando pola calidade dos produtos galegos e salienta que “a nosa gastronomía é a segunda razón pola que os turistas visitan Galicia”

O titular do Goberno galego asistiu ao Encontro Internacional de Cociñeiros Cociña + Conciencia. Afirma que Galicia Calidade non é só unha marca,“senón que é a nosa tarxeta de presentación”

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, animou hoxe a seguir apostando pola calidade dos produtos galegos e salientou que a nosa gastronomía é a segunda razón pola que os turistas visitan Galicia.

Durante a celebración do Encontro Internacional de Cociñeiros Cociña + Conciencia, Feijóo subliñou que Galicia Calidade non é só unha marca, “senón que é a nosa tarxeta de presentación”, dixo, aseverando que a Xunta seguirá comprometida coa gastronomía co obxectivo de que siga a ser un dos eixes estratéxicos de noso modelo turístico, como se reflicte nas máis de 300 festas enogastronómicas coas que conta a autonomía.

Como proba disto, lembrou algúns dos proxectos postos en marcha desde a Administración autonómica como a estratexia Galicia Sabe, un proxecto que ten como fin converter a Comunidade nun destino líder neste ámbito.

Ao longo da súa intervención, o responsable da Administración autonómica asegurou que a celebración deste encontro internacional, no que participan máis de 50 chefs de recoñecido prestixio e procedentes de todo o mundo, permitirá a Galicia situarse como punto de encontro e reflexión sobre o devir da gastronomía galega, española e internacional. Non en van, a Comunidade conta con 11 restaurantes con Estrela Michelín; con máis de 20 Bib Gourmand; con 35 Soles Repsol e con 61 distincións Q de Calidade que recibiron os servizos de restauración o pasado ano.

O presidente da Xunta recordou a celebración do vindeiro Xacobeo 2021 e invitou aos participantes neste acto a percorrer a xeografía galega, trasladando o convencemento de que atoparán calidade e inspiración nunha gastronomía que mestura a cociña tradicional coa de vangarda.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cuatro + 10 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.