Fernando Mosquera: representación de ALAS A Coruña na Manifestación do Orgullo LGTBI de Madrid

A.L.A.S. A CORUÑA Neste ano 2019 o Orgullo LGTBI vai adicado aos nosos maiores, a eles e elas debémoslles moitos dos dereitos dos que a día de hoxe gozamos. En tempos difíciles deron a cara para que no presente nós non o teñamos tan complicado. Temos a obriga de agradecerlles todo o que loitaron e todo o que sufriron para mellorar e darlle cor ao mundo no que vivimos.

Un claro exemplo de loita e reivindicación é o noso compañeiro Fernando Mosquera. Este activista incansable foi o fundador da primeira agrupación hispanoparlante de gais, lesbianas, transexuais e bisexuais durante os seus anos como emigrante en Suiza. Pero a súa loita non rematou aí, cando regresou ao noso país, á cidade da Coruña, pasou a formar parte do xa desaparecido colectivo Milhomes, o primeiro colectivo LGTBI de A Coruña. Grazas á labor deste colectivo celebráronse os primeiros Orgullos na nosa cidade. Ao longo desta etapa Fernando foi membro da executiva de Milhomes, momento no cal este colectivo entrou a formar parte da FELGTB (Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans e Bisexuais).
No ano 2005 deixou o colectivo LGTBI de Coruña e marchou vivir ao campo, preto da cidade, pero iso non lle impide seguir facendo activismo e seguir colaborando coa nosa asociación, ALAS A Coruña, dun xeito habitual.
Temos a honra, e nestes días máis que nunca, o orgullo de contar que mañá sábado 6 de xullo, o noso compañeiro Fernando estará presente na cabeceira do Orgullo Estatal de Madrid, representando a ALAS A Coruña.
Grazas a ti Fernando, e a todas as persoas maiores LGTBI que son exemplo de loita do noso colectivo.
Seguiremos loitando e non permitiremos que se de nin un só paso atrás.
Feliz Orgullo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

14 − 2 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.