Juanfran, outra cara coñecida no reto da elite

O ala Juan Francisco Botía Galiano seguirá sendo burelista en 2019-20

Co 11 laranxa, o Pescados Rubén Burela FS de Primeira xa conta con catro renovacións, xunto a Pope, Luisma e Joselito, ademais de Matamoros, Iago Míguez, Lucho, Renato e Pitero, e nun proxecto que se reforza nesta nova etapa cos alas Álex Diz e Everton, o pivote Amoedo e o gardameta internacional polaco Kaluza.

O murciano, de 27 anos, chegou á bisbarra da Mariña a tempada pasada dende o Naturpellet Segovia, co que tamén alcanzou a elite. Baixo a batuta de Juanma Marrube, en 2018-19 erixiuse como terceiro máximo goleador dos heroes do ascenso, con 14 dianas, por detrás de Mata, con 22, e Renato, con 16.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

tres × 5 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.