Lugo de Cara ao Miño organiza para este mércores un novo paseo de custodia do río ao seu paso pola cidade

A plataforma Lugo de Cara ao Miño organiza para este mércores, día 31 de xullo, unha nova andaina de custodia e recoñecemento do río e as súas ribeiras ao seu paso pola cidade de Lugo. 

A iniciativa, que se desenvolve por segunda semana consecutiva, terá nesta ocasión como punto de encontro o Restaurante Los Robles ás 11 da mañá. Se a semana pasada o grupo de traballo de Lugo de Cara ao Miño centrou o seu recoñecemento do “estado de saúde” do río na zona comprendida entre a Ponte Romana e a Fábrica da Luz, desta volta o paseo atinxirá a zona das Saamasas e a contorna do Clube de Piragüismo. 
Lugo de Cara ao Miño recorda que esta é unha proposta aberta á participación de toda a cidadanía luguesa e a todos os colectivos sociais que se queiran sumar a ela. Trátase dunha actividade pensada para ser participada por todo tipo de públicos: a duración das andainas ten unhas dúas horas de duración, o que as converte nunha boa opción para unha mañá de verán, mais neste caso cunha utilidade concreta: facer seguimento semanal do estado de saúde do río en toda a súa extensión. 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cuatro + veinte =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.