MANUEL LAGO a Feijóo: “Pasará á historía por ser o unico presidente que baixo o seu mandato non aumentou o número de postos de traballo”

“No combate global contra a desigualdade que vai facer o seu goberno no ano que lle queda de mandato?”. Con esta pregunta a Feijóo comezou Manuel Lago esta mañá a sesión de control ao Goberno no Parlamento de Galicia. O voceiro lembroulle a ao presidente da Xunta que “os ingresos dos que máis cobran multiplican por 90 veces os ingresos das persoas que menos cobran”.

Para Lago a desigualdade social é un dos problemas máis graves que ten a sociedade galega, “érao antes da recesión e agora éo aínda máis, e dío o Consello Economico e Social  que considera preocupante que os niveis de pobreza e desigualdade que tanto medraron durante a crise económica non rexistren a mellora agardable coa recuperación económica”. Para o voceiro do GP En Marea “é a desigualdade a que explica que a pesar de que temos a mesma riqueza porque o PIB recuperou o nivel de 2008 a maioría da sociedade vive peor”.

“Hai unha distribución inxusta da riqueza que deteriora o benestar da maioría e pon a unha parte significativa da sociedade galega en situación de risco de pobreza ou exclusión social” lembroulle Manuel Lago a Feijóo. E no turno de réplica recriminoulle que o presidente dixeera que vai seguir facendo o mesmo que está facendo cando en Galicia hai máis de 615 mil persoas en risco de exclusión social.  “Son unha de cada catro persoas  e vostede di que vai seguir facendo o mesmo”, censurou.

Canto ós datos de emprego, Manuel Lago indicou que Galicia é segunda comunidade con peor evolución de emprego dende 2008, só por detrás de Asturias.  “Hai 75 mil empregos menos hoxe que cando vostede empezou a presidir a Xunta, vai pasar á historia do país por ser o unico presidente que baixo o seu mandato non aumentou o número de postos de traballo”, concluiu.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

once + trece =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.