O BNG Culleredo interésase pola situación da cuberta do parque infantil do Paseo de Tierno Galván

O BNG dirixiuse hai varias semanas ao Goberno Municipal para preguntarlle pola situación na que se atopa o parque infantil do Paseo Tierno Galván, en Acea de Ama, onde recentemente se executou unha cuberta e que, malia o Concello anunciar o mes pasado o remate das obras, segue pechado por un valado perimetral.

O BNG recibiu numerosas queixas veciñais referidas ao peche deste espazo, que é moi utilizado polos residentes na zona, e manifestando dúbidas sobre a idoneidade do deseño, coa instalación de columnas do espazo de xogos infantís.
No seu escrito ao equipo de goberno, Tono Chouciño interesouse polo sistema empregado na execución das unións entre as columnas e a cuberta propiamente dita, realizado mediante cilindros soldados entre os pilares e a estrutura metálica de sección cuadrangular, que non é o que ven definido no Prego de condicións técnicas da obra.
Para o voceiro nacionalista, “estaríamos novamente perante unha obra que se executa dun xeito distinto a como está estipulado nos pregos de contratación, algo moi habitual en Culleredo e que neste caso é detectábel a simple vista e sen necesidade de coñecementos técnicos“.
Na súa contestación ao escrito rexistrado o 29 de maio, que incluía a solicitude da elaboración dun informe técnico sobre a idoneidade da solución adoptada, que valorase a súa seguridade ou a necesidade de rectificación do executado, o Goberno Municipal afirmou o 3 de xuño ter dado traslado da petición ao Servizo de Medio Ambiente, Servizos e Obras, sen que a día de hoxe se teña constancia do resultado da elaboración dese informe.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

3 × cuatro =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.