O combinado nacional de balonmán dirixido por Isidoro Martínez xogará o sábado un amigable contra Chile en Redondela.

A selección española júnior estrearase o sábado 13 de xullo (19:00 horas) en Redondela contra Chile. Será un partido amigable si, pero unha proba fundamental para o seleccionador Isidoro Martínez, xa que lle permitirá medir o nivel competitivo dos seus xogadores uns días antes do inicio do Mundial de Vigo e Pontevedra 2019.

A selección española forma parte do grupo A, mentres que Chile está encadrado no grupo D. Este choque tamén será unha magnífica oportunidade para que o público galego poida ver en acción aos hispanos. O acceso será gratuíto.

O combinado nacional, dirixido por Isidoro Martínez, chega mañá a Galicia para a disputa do Mundial, no que defende o título acadado hai dous anos en Arxelia. O combinado nacional de inicio é un dos favoritos para loitar polas medallas.

Ademais, ao día seguinte (domingo 14) tamén teremos a oportunidade de ver en acción a Xapón (que forma parte do grupo de España) e Arxentina (grupo D), que xogarán a partir das 11:00 horas no Pavillón Municipal “Manuel González Soto” de Chapela.

A federación Galega de Balonmán quere agradecer a boa disposición do Concello de Redondela, que dende o primeiro momento mostrouse absolutamente disposto a colaborar con nós para acoller estes dous partidos amigables, que serán o primeiro anticipo do Mundial.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

18 + 12 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.