O Concello de Castroverde mantén o tractor concedido pola Xunta “parado, mentras as pistas están cheas de maleza”

O voceiro do PP de Castroverde, Rubén Otero, advirte que o Concello mantén o tractor que lle entregou a Xunta de Galicia o pasado ano “parado, mentras as pistas están cheas de maleza”. O popular atribúe esta situación “á desidia” e “vagancia” do alcalde, pois ”non se entende que a administración autonómica puxese á nosa disposición este vehículo, que non é un tractor calquera por certo, e o Concello o teña morto de risa mentres nalgunhas pista as silvas dan nos coches”.

Para Otero “isto é tamén desfilfarrar e desaproveitar os cartos públicos”, xa que o tractor, dotado de dous aperos debrozadores (un de arrastre e outro de brado), supuxo un desembolso por parte da consellería de Medio Rural de 90.000 euros. “É dicir, a Xunta págao, danos así un novo servizo para ter os accesos en bo estado, e o alcalde non o usa”, critica.

Segundo o voceiro do PP esta situación “non é máis que un exemplo da falta de traballo” do rexedor. Por iso, pídelle ao socialista que “cumpra coa confianza que lle deron os veciños nas urnas, que pasa, di, por xestionar correctamente o Concello e manter o municipio en boas condicións”, sobre todo, porque o propio convenio, que suxeita a dotación deste vehículo, inclúe como requisito manter libre de maleza tanto as infraestruturas rurais, as redes secundarias de faixas de xestión de biomasa e determinadas parcelas municipais.

“Hai camiños, pistas e mesmo estradas que circular por elas é unha odisea, son unha selva. E, todo elo cando non teñe  porque estar así, xa que os medios témolos. Só falta a vontade do alcalde que os poña a traballar”, insiste.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

uno + uno =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.