O Concello de Oleiros asina un convenio de colaboración cultural con Abanca e Afundación

O Concello de Oleiros, Abanca e Afundación asinaron un convenio de colaboración cultural mediante o cal as tres entidades levarán a cabo a exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia». Á sinatura asistiron a concelleira de Cultura e Normalización Lingüística, Esther Garrido; o director de Banca Institucional na Coruña de Abanca, José Manuel Vilariño; e a coordinadora da Área de Cultura de Afundación, Marité Cores.

A mostra das fotografías de Ruth Matilda Anderson recolle en imaxes e en anotacións minuciosas o que atopou esta muller nas súas expedicións en Galicia entre os anos 1924 e 1926. A exposición, de entrada libre e gratuíta, inaugurarase o vindeiro 1 de agosto no Castelo de Santa Cruz e poderá visitarse ata o 31 de agosto.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

1 × cuatro =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.