O Festival de Pardiñas, en Guitiriz, celebra esta fin de semana o seu 40ª aniversario cunha programación especial de musica e arte

O domingo 4 de agosto a iniciativa “Cantando as Corenta” reunirá a Susana Seivane, Antón Reixa, Uxía Senlle, Kevin de Immaculate Fools, Xosé Manuel Pereiro, Pepe Vaamonde, Xurso Souto, Sito Corracedo e os grupos do colectivo Xermolos. O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que esta cita, declarada de interese turístico galego, verá duplicada este ano a colaboración económica que recibe da Consellería de Cultura e Turismo

O Festival de Pardiñas que terá lugar os días 2, 3 e 4 de agosto na localidade luguesa de Guitiriz celebra o seu 40ª aniversario cunha programación especial de música e arte que volverá a reunir a miles de persoas amantes dunha ampla variedade de estilos entre os que destaca a música folk e tradicional.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, fixo de anfitrión na presentación en Lugo dun evento organizado polo colectivo cultural Xermolos e co que tamén colabora o Concello de Guitiriz, entre outros patrocinadores. Durante o acto, ademais de Balseiro, interveu Alfonso Blanco, en representación da organización e a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira.

A cita declarada de interese turístico galego conta co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, que ademais este ano duplica a súa achega económica ata os 7.500 euros grazas ao convenio que a Xunta asina con Abanca para colaborar cos eventos que teñen esta distinción autonómica pola súa relevancia e capacidade de atracción turística.

Corenta aniversario

Dentro do amplo cartel da cita destaca este ano a actividade “Cantando as Corenta” que reúne un espectacular elenco de artistas para celebrar o aniversario do festival e que incluirá, o domingo 4 de agosto, as actuacións de Susana Seivane, Antón Reixa, Kevin de Immaculate Fools, Pepe Vaamonde, Xurso Souto, Uxía Senlle, Xosé Manuel Pereiro, Sito Corracedo e os grupos do colectivo Xermolos

Un día antes, o sábado 2 de agosto, a noite contará cunha festa musical a cargo de Bloquinho de Xermolos, Os Milidaos, Harmonica Creams, Habelas Hainas, Dubhlinn & Anxo Lorenzo, e Zënzar.

Como novidade tamén nesta edición celebraranse dous pregóns: o primeiro deles, vinculado á mostra de instrumentos de música tradicional, a cargo de Lois Mourinho, e o segundo, musicalizado, con intervencións dos creadores Pilocha, Miro Casabella, María Manuela, Quintás Canella e Mero.

Hai tamén previstas actividades complementarias que enriquecen a programación do festival como son, o venres 2 de agosto, o certame de cantos de taberna, que se celebra na localidade de Guitiriz ou actividades deportivas como a carreira popular ou o campionato co que se busca recuperar a práctica da billarda. O cartel tamén  incorpora a

mostra de artesanía e de instrumentos tradicionais de música, que inclúen unha xornada de improvisación na que intérpretes espontáneos poderá tocar as súas pezas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

tres × uno =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.