Os cursos de lingua e cultura galegas arrincan hoxe martes en Santiago

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela acolle este martes, 2 de xullo, ás 12:30 horas a inauguración da XXXII edición dos Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras”. O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, intervirá na benvida ao alumnado, procedente de catro continentes, en nome da institución, que organiza este programa en Compostela da man do Instituto da Lingua Galega desde 1988.

No acto tamén tomarán a palabra o reitor da USC, Antonio López; o director do ILG e académico de número, Xosé Luís Regueira; a secretaria técnica dos Cursos, Liliana Martínez; e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.  Os preto de 70 estudantes da nova edición proceden de Rusia, Finlandia, Hungría, India, Irán, Madagascar, Romanía, Alemaña, Arxentina, Austria, Brasil, Cuba, República Checa, Inglaterra, Gales, Estados Unidos, Polonia, Italia, Portugal, Venezuela e distintas comunidades autónomas de España.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

14 − dos =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.